Amencer

De súpeto parou, era de noite e os grilos saíron de paseo.
Pasei a noite alí, naquel acantilado e o son das gaivotas e dun cuco que se sentía ao lonxe despertáronme. Facía sol. Moito sol. Os paxaros berraban con forza. Ao lonxe vin pasar un pastor detrás do seu rebaño de ovellas. Subía para a montaña. Facía bo día para pastar. Os cans ían ladrando detrás do pobre pastor. De súpeto un detívose e púxose a ouvear. Alguén morrera.
LUCÍA OTERO BARCALA "Escritura automática"

0 Comments:
Post a Comment
<< Home