As invencibles

Monday, May 30, 2005

As drogas




O tema que vou expoñer a continuación trata das drogas xa que son moi perxudiciaispara toda esa xente que non consegue vivir sen elas e que pouco a pouco van acabando coa súa vida.
As drogas son productos naturais ou de elaboracíon química que crean dependencia e alteran o funcionamento sensitivo e mental, provocando sensacións novas de placer, angustia, alucinacións, etc. Toda persoa que consome drogas é un drogadicto. Cando unha persoa comeza a consumir drogas creanlle tanta adicción que despois non dá vivido sen elas, é pouca a xente que consegue deixalas. As drogas son perxudiciais como o alcohol ou o tabaco pero son moito máis adictivas e caras. Hai moita xente tirada polas rúas que se encontra na miseria por culpa das drogas e é capaz de facer o que sexa, chegando incluso a matar xente inocente, para conseguir o diñeiro para comprala.
Hai varias clases de drogas: hachís ( Cannabis satina), coca ( Erythoxyton coca), cabalo, heroína (derivada da morfina), marihuana (efecto narcótico), alcohol, tabaco, etc. Todas elas crean adicción, aínda que algunhas máis que outras, pero todas son malas para a saúde de toda a xente. Cada vez hai máis persoas que se drogan e comezan de pequenos arruinando así a súa vida e votándoa a perder ao meterse nese mundo do que ninguén é capaz de saír.
Sabendo todo isto deberiamos tomar medidas para que a xente non entre nese mundo e loitar por unha vida mellor para todos, onde non houbera drogas, tabaco, alcohol...


SANDRA LAREO VÁZQUEZ

0 Comments:

Post a Comment

<< Home